Community
Anceu Coliving: reutilizar o pasado

No artigo de hoxe queremos mostrarte máis do noso espazo de coliving e coworking rural, e falar das habitacións que levamos redecorando desde que abrimos Anceu Coliving.
Así están agora dúas das nosas habitacións

Antes de ser o que é hoxe, Anceu Coliving foi un taller artesanal de cerámica, despois un hotel, e un restaurante aberto a xente de toda Galicia. Cando compramos este sitio xa tiña moitísimo mobiliario e materiais que podiamos redecorar e reutilizar. Cando empezamos a redecorar as habitacións, a nosa misión era crear espazos que conten historias e que fagan feliz a quen vive neles.
E así naceu o proxecto «At Home».
Cerámica do taller antigo

O restaurante antigo

As habitacións do antigo hotel

Unha das filosofías principais ao recrear este espazo foi recuperar mobles vellos e darlles unha vida nova. Ademais, buscabamos facer un interiorismo sostible, aproveitando recursos e reducindo residuos.
«Reutilizar o pasado» foi un dos proxectos principais, onde transformamos pezas que xa existían usando materiais naturais e obxectos recuperados. Tróuxoo ao coliving a interiorista MAOW studio&shop • Lydia. Como elementos decorativos recuperáronse marcos de madeira antigos, e caixas de viño alemás vellas converteronse en mesiñas e en zapateiro. Unha lámpada fíxose cun antigo brazo de ferro forxado. O perchero novo é unha porta de armario vella. O escritorio xa non é o protagonista: converteuse nunha prolongación da fiestra. O armario reduciuse visualmente, incorporando as súas moldeaduras como parte da decoración da entrada.
Materiais reutilizados polas habitacións de Anceu

Coñece unha das mentes detrás do deseño: María
Unha persoa que nos axudou enormemente coa decoración de Anceu é María Vázquez, Dr Livinghome. É galega e a súa misión é que todo o mundo goce do fogar que merece. Defínese como introvertida e idealista. Cre que a súa casa é o seu refuxio, a súa zona de descanso e o seu parque de atraccións. A casa é onde todos deberiamos sentirnos máis cómodos e onde máis pertencemos. Despois de dez anos como directora de arte e directora creativa, decorando eventos para grandes multinacionais e locais para negocios pequenos, fundou Dr Livinghome en 2015 para axudar a xente a decorar a súa casa con gusto e con paixón.
Cremos que Anceu Coliving ten algo máxico, refléxese na piscina no verán, na cheminea acolledora no inverno, no bosque ou no río. Queriamos meter esa maxia tamén nas habitacións e, grazas ao traballo colaborativo cun par de interioristas ao longo do ano, puidemos conseguilo.
A maxia dos detalles pequenos

