Alliances
Rural Revival: Inside Out Project

Que é Rural Revival: Inside Out Project
A principios de xuño propuxémoslle a Andreea, a nosa responsable de redes, que sería boa idea meternos no proxecto «Inside Out».
E que é exactamente?
Inside Out é un proxecto artístico participativo global, iniciado polo fotógrafo francés JR.
Despois de gañar o premio TED en 2011, JR expresou o seu desexo de «cambiar o mundo» dándolle a volta. Cos 100.000 dólares do premio puxose a conseguilo devolvendo á xente o poder de representarse.
O proxecto, inspirado nas súas pegadas de rúa de gran formato, está aberto a que participe calquera en calquera parte do mundo. A idea é poñer o foco nas persoas e nas historias que hai detrás de cada acción ou causa. Máis alá de imprimir os retratos, quen participa ten o control total do proceso creativo —facer as fotos— e do de pegado —instalar os carteis.
Úsanse retratos estritamente en branco e negro, que se imprimen e se pegan nun espazo exterior. Cada acción colectiva pode lanzar unha mensaxe en forma de obra pública e compartila co resto do mundo.
Por que se meteu Anceu Coliving neste proxecto fotográfico
Cando empezamos a plantexarnos entrar, queriamos facer algo pola comunidade. Así naceu a idea de Rural Revival, co desexo de actuar en local e ter impacto global.
Ocorréusenos Rural Revival porque queremos centrarnos en revitalizar o rural. Buscamos contribuír á transformación que as zonas rurais precisan, dando solucións á existencia de comarcas despoboadas, con cada vez menos actividade e menos redes de apoio.
En España concretamente, o 48 % dos concellos actuais ten unha densidade de poboación de menos de 12,5 habitantes por quilómetro cadrado, por debaixo do que a Unión Europea considera densidade baixa. Ademais, entre 2011 e 2017 case o 62 % dos concellos españois perdeu habitantes, segundo datos do Comisionado do Goberno para o Reto Demográfico.
O rural ofrece posibilidades infinitas e mellor calidade de vida, como se demostrou tras a crise do COVID-19. Algúns datos:
- O custo de vida medio no rural segue sendo máis baixo que en contornas urbanas masificadas.
- O acceso á rede abre a porta a un mundo educativo descentralizado. Queda camiño por percorrer, pero moitas vilas xa teñen 4G ou fibra óptica.
Como o fixemos
Primeiro tivemos que pensar unha idea que merecese difundirse.
Despois, escribir a proposta para o Inside Out Project para que aceptasen participar.
Dito e feito. Tras unha semana escribindo a proposta e falando con eles por teléfono, aprobárona.
Logo falamos co alcalde de Ponte Caldelas para ver se nos deixaba pegar os carteis nos muros públicos da vila.
O paso seguinte foi facer polo menos 50 retratos da comunidade local da aldea de Anceu e de Ponte Caldelas, incluídos os nosos colivers.
Fixemos dúas convocatorias abertas para que a xente se sumase ao movemento. A primeira foi aquí, en Anceu, durante un día. Veu xente apoiar a iniciativa e coñecer o sitio. Desde que abrimos o ano anterior non tiveramos a oportunidade de ter isto aberto a todo o mundo, así que esta chamada para vir facerse un retrato foi unha escusa excelente para descubrir a zona.
A segunda convocatoria foi para a xente de Ponte Caldelas, e o alcalde ofreceunos o espazo da biblioteca municipal. Apoiou a idea e axudounos co material necesario para pegar os carteis cando chegaron.
O proxecto tardou case dous meses en tomar forma.
Fixemos 80 retratos coa xente de aquí e, cando chegaron impresos, empezamos a pegalos. Mentres os pegabamos nos muros da vila, a xente achegábase a preguntarnos de que ía isto, e así souberon de Anceu Coliving e das nosas iniciativas de Rural Revival.
Esta acción era importante porque queriamos establecer un diálogo entre o rural e o urbano. E tamén dar a coñecer a realidade do rural, que pode crear conexións sostibles coas zonas urbanas.
Grazas á campaña vamos construír redes e conexións desde o campo cara ao mundo.
Rural Revival: pegando as fotos e o resultado final
